viernes, 14 de noviembre de 2014

Sobre o uso de teléfonos móbiles nos institutos

Recentemente a Xunta de Galicia anunciou a publicación dun Decreto que desenvolverá a Lei 4/2011 e incluirá no seu articulado a prohibición do uso de dispositivos móbiles nos centros educativos.
Esta nova ten provocado algunhas dúbidas sobre a legalidade de que os docentes poidan requisar os móbiles dos estudantes cando fagan un uso inadecuado dos seus dispositivos, o que se pon de manifesto nun escrito presentado pola Xunta de Delegados/as que pon en dúbida que se poida requisar unha pertenza privativa dun estudante. Tamén se ten producido algunha consulta neste sentido nos foros do instituto onde se contestou o seguinte.

Las Normas de Convivencia del instituto señalan en el apartado d) del punto 3.2 la prohibición de utilizar móviles o cualquier dispositivo de grabación en el interior del recinto escolar e incluso durante la celebración de actividades complementarias y extraescolares, salvo autorización expresa de un docente para alguna actividad que requiera su uso. Estas normas de convivencia no detallan la posibilidad de que un docente requise el teléfono porque tal acción ya está contemplada en la Ley.
Concretamente, el artículo 11 de la Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa es suficientemente claro al respecto:
Artigo 11. Condición de autoridade pública do profesorado.
1. No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, o profesorado ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.
2. No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais cando sexa menor de idade.
3. O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
O requirimento previsto neste punto obriga a alumna ou alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.
Además, el punto j) del artículo 15, que tipifica las conductas gravemente perjudiciales para la convivencia, considera conducta grave:
j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa. En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou a negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto terceiro do artigo 11 desta lei cando se é requirido para iso polo profesorado.

Polo tanto, non hai ningunha dúbida ao respecto; os docentes poden, dentro do exercicio das súas funcións, requirir aos estudantes a entrega dos seus móbiles, considerándose falta grave a negativa de entrega dos mesmos.
Pero todo isto precisa algunha consideración.
O prohibición do uso de móbiles durante as actividades lectivas ten unha xustificación no uso inadecuado dos mesmos cando se utilizan perturbando as clases, para facer fotos ou grabacións ou en calquera outra situación que supoña unha distracción do estudante, ademais de supor unha falta de respecto e de cumprimento das normas. 
Cando se asume que o uso do móbil non debe perturbar, molestar ou distraer, o móbil pode ser un instrumento máis de uso pedagóxico e se poden aproveitar as súas potencialidades metodolóxicas (acceso a redes virtuais, consulta de fontes, uso de aplicacións específicas, ...) que resultan ser positivas. Por todo isto, máis que prohibir, o centro debe asumir no seu labor educativo a concienciación do uso racional e adecuado destes dispositivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario