lunes, 26 de enero de 2015

Acreditación de competencias

Web de xestión de admisión:
A admisión ao proceso faise mediante inscrición na web de admisión, imprimindo os impresos xerados e presentándoos na secretaría da sede correspondente.
No caso da acreditación en Artes Gráficas a sede é o CIFP Ferrolterra, aínda que o proceso desenvolverase no IES Leixa.
O prazo de presentación de solicitudes é do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro, ambos os dous incluídos.
Información xeral:
Máis información na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Normativa:
ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (DOG de 02.01.2015)

viernes, 16 de enero de 2015

LOMCE: Currículos da ESO e do bacharelato

Publicados no BOE os currículos da nova Educación Secundaria Obrigatoria e o novo Bacharelato LOMCE.
Para saber máis sobre a LOMCE e os seus itinerarios, accede a esta presentación interactiva do Ministerio de Educación.
Tamén podes consultar o texto consolidado da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación e a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Proxectos de formación do profesorado

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.
Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O recurso poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
No caso de presentar o recurso nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente e posteriormente proceder ao seu envío certificado.