viernes, 25 de septiembre de 2015

Selo de calidade


A web de portalesmedicos concede á web de Hixiene Alimentaria do IES Leixa o selo de calidade WIS.

Admisión 2015-2016. Ciclos liberados e con prazas vacantes

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes -
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes dende o día 23 de setembro ata o día 25 de setembro ás 13:00 horas.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario
  
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
  
Modalidade distancia

Admisión 2015-2016. Listaxes de persoas admitidas na segunda adxudicación extraordinaria

Admisión a ciclos formativos: listaxe de persoas adxudicadas na 2ª adxudicación extraordinaria -
Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada na convocatoria extraordinaria nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

Réxime ordinario
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 23 de setembro ata as 13:00 horas do venres 25 de setembro de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. No caso de presentar renuncia hai que ter en conta que esta é a última adxudicación e que soamente se empregarán as listaxes de espera para cubrir as prazas que resulten vacantes por inasistencia ás actividades lectivas do alumnado matriculado.
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada
  • Listaxes de espera
(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o periódo de matriculación da adxudicación).
Réxime para as persoas adultas
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue dende o mércores 23 de setembro ata as 13:00 horas do venres 25 de setembro de 2015 . A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
Modalidade presencial
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
   
Modalidade distancia
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Admisión 2015-2016. Listaxes definitivas de solicitantes

Admisión: listaxes definitivas de solicitantes curso 2015-2016. Convocatoria extraordinaria -
Publicación das listaxes definitivas de solicitantes da convocatoria extraordinaria de admisión para ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

Réxime ordinario
  
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
  
Modalidade distancia

Admisión 2015-2016. Listaxe provisional de solicitantes

Admisión: listaxe provisional de solicitantes.Convocatoria extraordinaria 2015 -
Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue dende o mércores 16 de setembro ata ás 13:00 horas do venres 18 de setembro de 2015.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.
Réxime ordinario
  
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
  
Modalidade distancia

jueves, 10 de septiembre de 2015

Oferta modular de Artes Gráficas




Adxudicación definitiva de destinos provisionais

Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2015/2016, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...
Publicada a Adxudicación definitiva de destinos provisionais do persoal do corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o próximo curso académico 2015/16.
(10/09/2015) Adxudicación definitiva por orde de adxudicación
Xúntanse as  Instrucións para a toma de posesion do profesorado
O profesorado dos corpos referidos que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais convocados pola Orde do 9 do xuño de 2015 (DOG do 22) tomará posesión no centro educativo de destino e deberá remitir á Xefatura Territorial correspondente a documentación que a continuación se indica:
A toma de posesión realizarase os días 11 e 14 de setembro de 2015,  dende a publicación da resolución definitiva de adxudicación  na páxina web www.edu.xunta.es
Todos os documentos deberán ser asinados coa data da toma de posesión.
Os efectos económicos e administrativos da toma de posesión é do 15 de setembro de 2015  para todo o profesorado que obtivo destino, agás o profesorado que obtivo destino en comisión de servizos procedente doutra Comunidade Autónoma  e o profesorado con destino provisional procedente do estranxeiro a toma de posesión ten efectos do 1 de setembro de 2015.

domingo, 6 de septiembre de 2015

Formación profesional básica: Proceso de admisión e matrícula no IES Leixa

No seguinte documento pode verse o calendario de admisión e matrícula no ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas.





Publicada a Orde do 13 de xullo de 2015 (DOG do 22 de agosto) pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas

1ª adxudicación extraordinaria de setembro

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada, na 1ª adxudicación extraordinaria, así como as listaxes de espera aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.
Réxime ordinario
O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 4 de setembro de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer na listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.
  • Listaxes de persoas admitidas
- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao superior
  • Listaxes de espera
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Réxime para as persoas adultas
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue dende o mércores 2 de setembro ata ás 13:00 horas do venres 4 de setembro de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Para as persoas con praza adxudicada na modalidade a distancia, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" da sección "Ven a FP".
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
Modalidade presencial
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior
 Modalidade distancia
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior