jueves, 26 de marzo de 2015

Visita ao Instituto de Investigacións Mariñas

Estudantes e docentes do ciclo superior de Dietética viaxan a Vigo onde visitan as instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas.

lunes, 23 de marzo de 2015

Probas de acceso a ciclos

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisonais de inscrición e exencións -

Publicadas as listaxes de admitidos e excluídos e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día 24 ao 26 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

jueves, 19 de marzo de 2015

Estudo de marketing en Parafarmacia

Estudantes do segundo curso do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia realizaron un estudo de marketing en produtos de parafarmacia por varias oficinas de farmacia de Ferrol.


Comunicación coas persoas xordas no ámbito sanitario

O día 17 de marzo celebrouse no instituto unha charla-taller impartida por Alba López Leitón baixo o título "A comunicación coas persoas xordas no ámbito sanitario".
Nesta actividade os estudantes do ciclo de Emerxencias sanitarias coñeceron os problemas que xorden cando hai que prestar servizo a unha persoa xorda coa que a comunicación pode estar comprometida sobre todo cando se trata dunha situación de risco.

martes, 17 de marzo de 2015

Visita ao almacén de distribución de COFARES en Betanzos

O día 17 de marzo, estudantes e docentes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia visitaron as instalacións da distribuidora farmacéutica COFARES en Betanzos, onde se sitúa un dos almacéns loxísticos máis grandes de España que está automatizado nun 90 %.


lunes, 16 de marzo de 2015

Viaxe a Bélxica

Estudantes e profesores do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial viaxan a Bélxica nunha estadía formativa de 6 días onde visitarán varias empresas de Artes Gráficas en Amberes, Gante e Bruxas ademais de coñecer estas cidades belgas.
  • Día 15: Chegada a Bélxica
  • Día 16: Visita á empresa ESKO e estadía en Gante.
  • Día 17: Visita ao Arteveldehogeshool e estadía en Gante.
  • Día 18: Visita a AGFA-GEVAERT e estadía en Amberes.
  • Día 19: Visita a Bruxas.
  • Día 20: Regreso a España.



lunes, 9 de marzo de 2015

Convenio de colaboración entre o IES Leixa e a ONG Terra de homes

Terra de homes

A directora do IES Leixa Ana Roel Ares e o delegado en Galicia da ONG Terra de Homes Raúl Besada Vázquez asinan un convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións.

sábado, 7 de marzo de 2015

Club de Debate

> 07.03.2015
O día 7 de marzo tivo lugar no Teatro Jofre de Ferrol unha nova edición da fase local do Club de Debate na que participaron 9 equipos dos seguintes centros educativos:
Entre as sesións da mañá e da tarde os estudantes participantes, docentes e xurado do evento xantaron no IES Leixa, que acondicionou o seu comedor para acollelos.
O debate continuou pola tarde resultando gañador un equipo do IES Xulián Magariños e finalista un equipo do IES Isidro Parga Pondal. O equipo do IES Leixa quedou en cuarto lugar.
 

viernes, 6 de marzo de 2015

Obras de mellora na biblioteca

Continuando coa execución do Plan de Mellora do instituto, esta semana se colocaron novas estanterías na biblioteca que substitúen as de corte clásico que había anteriormente.
As novas estanterías dánlle á bbilioteca un aspecto de modernidade que mellora moito o seu ambiente.

jueves, 5 de marzo de 2015

Entrega de premios do XVI Concurso Rodríguez-Moldes de Cociña e Coctelaría

Rede Galega de Hostalaría.

O día 5 de marzo celebrouse no IES Fraga do Eume de Pontedeume a entrega de premios do XVI Certame Rodríguez-Moldes de Cociña e Coctelaría resultando premiada no concurso de carteis a estudante do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial do IES Leixa Natalia Fraga López á que se lle entregou un diploma acreditativo, un metacrilato co cartel e un premio en metálico.

Cartel gañador

domingo, 1 de marzo de 2015

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais

Relación de solicitantes de participación no proceso de acreditación de competencias no ciclo medio de Preimpresión Dixital:
Máis información na web da CCEOU.