jueves, 27 de noviembre de 2014

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hai cousas que non se poden pasar por alto, e o IES Leixa pon o seu grao de area para facer visible a violencia que cada día, en cada momento, se está a producir contra homes e mulleres no entorno das relacións sentimentais, sociais e familiares.
Debemos educar e aprender a vivir e convivir en paz, sen violencia, respectando ao outro como queremos que nos respecten a nós.
Os estudantes do ciclo superior de Deseño e produción editorial prepararon este ano unha exposición tomando como referencia as novas formas de violencia a través dos dispositivos móbiles. Mensaxes, control, humillación, ... o desenvolvemento das novas tecnoloxías trae consigo progreso, pero tamén novas formas de violencia.



Pola súa banda, docentes de bacharelato organizaron un coloquio-debate sobre a violencia dirixida aos estudantes de bacharelato.



lavoz_25112014

martes, 25 de noviembre de 2014

Guía Básica de Validacións

Xa está dispoñible a nosa Guía Básica de Validacións. O asunto comeza a complicarse moito así que decidimos "personalizala" incluíndo as principais validacións das familias profesionais que temos no instituto.
De todas formas detectamos algún erro que xa comunicamos ao Ministerio de Educación polo que pronto publicarase no BOE unha corrección de erros.
Nesta Orde di que os estudantes que fixeron o módulo de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente no ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría validan o módulo de Promoción da Saúde no ciclo de Farmacia e Parafarmacia (ademais este módulo vén cun código erróneo). Postos en contacto co Ministerio confirman que é un erro. Para validar o módulo de Promoción da Saúde en Farmacia e Parafarmacia hai que ter aprobados dous módulos: o de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente e o de Técnicas Básicas de enfermaría.


lunes, 24 de noviembre de 2014

viernes, 14 de noviembre de 2014

Sobre o uso de teléfonos móbiles nos institutos

Recentemente a Xunta de Galicia anunciou a publicación dun Decreto que desenvolverá a Lei 4/2011 e incluirá no seu articulado a prohibición do uso de dispositivos móbiles nos centros educativos.
Esta nova ten provocado algunhas dúbidas sobre a legalidade de que os docentes poidan requisar os móbiles dos estudantes cando fagan un uso inadecuado dos seus dispositivos, o que se pon de manifesto nun escrito presentado pola Xunta de Delegados/as que pon en dúbida que se poida requisar unha pertenza privativa dun estudante. Tamén se ten producido algunha consulta neste sentido nos foros do instituto onde se contestou o seguinte.

Las Normas de Convivencia del instituto señalan en el apartado d) del punto 3.2 la prohibición de utilizar móviles o cualquier dispositivo de grabación en el interior del recinto escolar e incluso durante la celebración de actividades complementarias y extraescolares, salvo autorización expresa de un docente para alguna actividad que requiera su uso. Estas normas de convivencia no detallan la posibilidad de que un docente requise el teléfono porque tal acción ya está contemplada en la Ley.
Concretamente, el artículo 11 de la Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa es suficientemente claro al respecto:
Artigo 11. Condición de autoridade pública do profesorado.
1. No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, o profesorado ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.
2. No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais cando sexa menor de idade.
3. O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
O requirimento previsto neste punto obriga a alumna ou alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.
Además, el punto j) del artículo 15, que tipifica las conductas gravemente perjudiciales para la convivencia, considera conducta grave:
j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa. En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou a negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto terceiro do artigo 11 desta lei cando se é requirido para iso polo profesorado.

Polo tanto, non hai ningunha dúbida ao respecto; os docentes poden, dentro do exercicio das súas funcións, requirir aos estudantes a entrega dos seus móbiles, considerándose falta grave a negativa de entrega dos mesmos.
Pero todo isto precisa algunha consideración.
O prohibición do uso de móbiles durante as actividades lectivas ten unha xustificación no uso inadecuado dos mesmos cando se utilizan perturbando as clases, para facer fotos ou grabacións ou en calquera outra situación que supoña unha distracción do estudante, ademais de supor unha falta de respecto e de cumprimento das normas. 
Cando se asume que o uso do móbil non debe perturbar, molestar ou distraer, o móbil pode ser un instrumento máis de uso pedagóxico e se poden aproveitar as súas potencialidades metodolóxicas (acceso a redes virtuais, consulta de fontes, uso de aplicacións específicas, ...) que resultan ser positivas. Por todo isto, máis que prohibir, o centro debe asumir no seu labor educativo a concienciación do uso racional e adecuado destes dispositivos.

lunes, 10 de noviembre de 2014

EduEmprende 2014

Os departamentos de Formación e orientación laboral e Economía desenvolverán un proxecto dentro do programa de innovación educativa EduEmprende Actúa 2014-2015 baixo o título "A actividade emprendedora como chave do teu futuro" que se desenvolverá entre o 04.11.2014 e o 20.03.2015.

O día 18 de novembro desenvolverase unha actividade onde un técnico do IGAPE e un exalumno do instituto que montou unha empresa, darán aos estudantes de 2º de bacharelato e de 2º de ciclos a súa visión da situación do emprendemento como vía de acceso ao mundo laboral.

Este programa ten como obxectivo principal a visualización entre o alumnado do emprendemento como unha opción clara de empregabilidade.

Os antecedentes no IES Leixa témolos na celebración no curso 2013-2014 do CULTIFOL, unha Xornada Cultural organizada polo departamento de Formación e orientación laboral onde se deron os primeiros pasos para a introdución da cultura do emprendemento.

GaliciaSkills 2014

O día 7 de novembro celebrouse en Santiago o acto de entrega de premios do 3º Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills no que participaron estudantes do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial do IES Leixa na modalidade de Deseño Gráfico:

  • David Barreira Vázquez, medalla de ouro

GaliciaSkills

  • Natalia Codesido Rey, medalla de prata.

GaliciaSkills

Imaxe propiedade da CCEOU obtida da web www.edu.xunta.es

Gañadores en GaliciaSkills 2014 -

Gañadores nas distintas competicións do Galiciaskills 2014: alumnado, profesorado titor e centro educativo.

40 Deseño gráfico

  • Ouro: David Barreira Vázquez, do IES Leixa.
    Titor: José Antonio López Suárez.
  • Prata: Natalia Codesido rey, do IES Leixa.
    Titor: José Antonio López Suárez.

10 Soldadura

  • Ouro: Ignacio Bárbara Pena, do CIFP Someso.
    Titor: Víctor M. Varela Mariño.
  • Prata: Javier Paz Santamaría, do IES Marco de Camballón.
    Titor: José Manuel Ares Sánchez.

13 Reparación de carrozarías de vehículos

  • Ouro: Edgar Veres Couto, do IES As Mariñas.
    Titor: Francisco Cal Ansede.
  • Prata: Angel Balado Tarrio, do CIFP Politécnico Santiago.
    Titor: Fernando Suárez Sandomingo.

19 Control industrial

  • Ouro: Miguel García López, do I.E.S Fermín Bouza Brey.
    Titora: Mª Elena Ferreira Lence.
  • Prata: Alvaro Parga González, do IES Urbano Lugrís.
    Titor: José Luis Mariño Ruibal.

24 Ebanistaría

  • Ouro: Juan Pablo Bellón Villar, do IES Ortigueira.
    Titor: Luis Manuel Beceiro Rodríguez.
  • Prata: Bruno Cortés Vidal, do CIFP A Xunqueira.
    Titor: Isidoro Dios Rodiño.

25 Carpintaría

  • Ouro: Lidia Doce Ríos, do IES Ortigueira.
    Titor: Luis Manuel Beceiro Rodríguez.
  • Prata: Ramón Moreira Temprana, do CIFP Politécnico Santiago.
    Titor: Juan Carlos Pascual Quián.

29 Peiteado

  • Ouro: Andrea Rodríguez Díez, do IES Teis.
    Titora: Mercedes Pose Recarey.
  • Prata: Tatiana Sequeiros Souto, do IES Frei Martín Sarmiento.
    Titora: Esperanza Montans García.

31 Tecnoloxía da moda

  • Ouro: Eva María Mantiñán Cadaveira, do CIFP Paseo das Pontes.
    Titora: Mª José Ramallal Mosquera.
  • Prata: Sara Muiños Calvo, do CIFP Manuel Antonio.
    Titora: Mª Soledad Seoane Sobrino.

32 Pastelaría

  • Ouro: Francisco Jesús García Piñeiro, do CIFP Compostela.
    Titor: Julio Rodríguez Bustelo.
  • Prata: Victoria Suárez Bello, do CIFP Carlos Oroza.
    Titor: Jorge Sánchez Verdeal.

33 Tecnoloxía do automóbil

  • Ouro: Adrián Rico Casal, do IES Mariñas .
    Titor: Manuel Fuentes Rebón.
  • Prata: Cristian Álvarez Liste, do CIFP Politécnico Santiago.
    Titor: Manuel Pedreira Ferreño.

34 Cociña

  • Ouro: Victor José Reza Sánchez, do IES de Vilamarín.
    Titora: Mónica Cernadas Carrera.
  • Prata: Nuria Limeres Trigo, do CIFP Carlos Oroza.
    Titor: Jorge Sánchez Verdeal.

35 Servizo de restaurante e bar

  • Ouro: Gabriel Vilar Longarela, do CIFP Compostela.
    Titor: Manuel López Brea.
  • Prata: Ana Rodríguez Basteiro, do CIFP Carlos Oroza.
    Titor: José Manuel Rey Castro.

36 Pintura de vehículos

  • Ouro: Pablo Lata Mosquera , do CIFP Ferrolterra.
    Titor: José Manuel Pérez Lodeiro.
  • Prata: Santiago Vidal Filgueira, do IES As Mariñas.
    Titor: José Manuel Pico Rodriguez.

39 Administración de sistemas en rede

  • Ouro: Alejandro Miño Pico, do CIFP Rodolfo Ucha Pirñeiro.
    Titor: Victor Manuel Martínez Taboada.
  • Prata: David Prieto López, do IES A Pinguela.
    Titor: Javier Rodríguez Lorenzo.