lunes, 10 de noviembre de 2014

EduEmprende 2014

Os departamentos de Formación e orientación laboral e Economía desenvolverán un proxecto dentro do programa de innovación educativa EduEmprende Actúa 2014-2015 baixo o título "A actividade emprendedora como chave do teu futuro" que se desenvolverá entre o 04.11.2014 e o 20.03.2015.

O día 18 de novembro desenvolverase unha actividade onde un técnico do IGAPE e un exalumno do instituto que montou unha empresa, darán aos estudantes de 2º de bacharelato e de 2º de ciclos a súa visión da situación do emprendemento como vía de acceso ao mundo laboral.

Este programa ten como obxectivo principal a visualización entre o alumnado do emprendemento como unha opción clara de empregabilidade.

Os antecedentes no IES Leixa témolos na celebración no curso 2013-2014 do CULTIFOL, unha Xornada Cultural organizada polo departamento de Formación e orientación laboral onde se deron os primeiros pasos para a introdución da cultura do emprendemento.

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar