martes, 1 de marzo de 2016

Admisión en bacharelato para o curso 2016-2017

PRAZAS OFERTADAS:
  • 1º de bacharelato:
    • Ciencias e Tecnoloxía: 33 prazas.
    • Humanidades e Ciencias Sociais: 33 prazas.
  • 2º de bacharelato: 
    • Ciencias e Tecnoloxía: 3 prazas.
    • Humanidades e Ciencias Sociais: 5 prazas.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
  1. Reserva de praza no propio centro: do 1 ao 15 de febreiro
  2. Data do sorteo público a efectios de desempate: 25 de febreiro
  3. Publicación de postos escolares vacantes: 1 de marzo
  4. Presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 29 de marzo.
  5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo para o caso de que haxa máis solicitudes que prazas: do 1 ao 11 de abril.
  6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as: antes do 25 de abril, cun prazo de reclamación de 5 días hábiles
  7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e non admitidos/as: antes do 15 de maio
  8. Impugnación  das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación
  9. Comunicación da relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas á xefatura territorial: nos 2 días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva
  10. Formalización da matrícula: do 27 de xuño ao 11 de xullo
  11. Prazo extraordinario de formalización de matrícula: do 1 ao 12 de setembro.


viernes, 12 de febrero de 2016

Charla sobre tesoiras moleculares para estudantes do ciclo superior de Laboratorio

Miguel González Blanco, investigador e docente de Bioloxía da USC impartiu unha amena charla sobre tesoiras moleculares e o seu papel nos procesos de reparación do ADN aos estudantes do ciclo superior de Laboratorio.

Probas de acceso a ciclos 2016

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016 -
Xúntase a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.
Prazo de inscrición nas probas de acceso:
  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

Entroido 2016

O día 5 de febreiro celebrouse na sala de actividades a tradicional festa do Entroido con moitos disfraces.

Visita ás instalacións de GADIS

O pasado 18 de xaneiro, estudantes do ciclo superior de Dietética visitaron as instalacións de GADIS.

Solidariedade con París

A comunidade educativa do IES Leixa fixo un acto de solidaridade tras os atentados terroristas de París. Despois da lectura dun emotivo manifesto da profesora do instituto Alicia del Río, nacida na capital francesa, estudantes, docentes e persoal non docente gardou un minuto de silencio.


Enquisa de convivencia escolar

No primeiro trimestre do curso 2015-2016, o Observatorio da Convivencia Escolar fixo unha enquisa sobre convivencia nos centros educativos dirixida a todos os membros da comunidade educativa.
Recentemente, o Observatorio enviou os resultados da enquisa a cada centro. Na seguinte ligazón poden verse os resultados do IES Leixa.

sábado, 30 de enero de 2016

Concurso de relato curto BibliLeixa 2016

BASES DO CONCURSO:
CONCURSANTES: Poderá participar neste certame todo o alumnado matriculado no curso actual no IES Leixa
TEMA: Os relatos tratarán do amor.
FORMATO: A composición terá unha extensión mínima dun folio e máxima de tres, escritos a ordenador por unha cara e a dobre espazo. O tipo de letra será Arial ou similar e o tamaño de 12 puntos. O texto poderá ser en galego ou en castelán.
PRESENTACIÓN: Todos os relatos deberán ir encabezados por un título. Presentaranse sen asinar e sen o nome do autor. Para garantir o anonimato da autoría, introduciranse os datos dos participantes, nome completo e curso/grupo no que está matriculado, nun sobre branco e pechado que se grampará ao relato presentado. No exterior do sobre, o participante deberá indicar o título do relato.
LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: Os traballos entregaranse en conserxería do 15 ao 26 de febreiro 2016. Serán recollidos e gardaranse nunha caixa especialmente habilitada para o concurso e custodiada na vicedirección do centro. Os que non cumpran os requisitos dos apartados 3 e 4 quedarán eliminados. Só se poderá entregar un traballo por participante.
XURADO: O xurado estará composto por docentes da área de letras de bacharelato e a coordinadora da biblioteca. O venres 4 de marzo 2016 todos os participantes están convidados a acudir no recreo ao Salón de Actos onde se fará entrega dos premios aos gañadores. É obrigatorio a asistencia dos participantes para recibir o premio. No caso de non poder asistir, deberase avisar e se fose o caso, enviar a unha persoa que sustitúa o/a premiada. Se o/a  gañador/a ou representante non está presente, premiarase o mellor relato seleccionado despois deste. O fallo será inapelable.
Haberá dous premios:
  • O autor/a do primeiro relato premiado recibirá como agasallo un libro electrónico e un título de recoñecemento a súa arte.
  • O autor/a do segundo relato premiado recibirá un vale por un libro da súa elección e un título de recoñecemento a súa arte.
DIFUSIÓN DAS OBRAS: As obras presentadas poderán publicarse na web do IES Leixa e expoñerse no propio centro. Os participantes dispoñerán de 30 días para a retirada da súa obra, agás o relato gañador. Transcorrido o devandito prazo, entenderase que os autores/as renuncian á retirada dos exemplares dos seus traballos.
ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste III Certame de relato curto de BibliLeixa implica a plena aceptación do contido destas bases.

ExpoAzucre 2016

Dentro do proxecto Vén, Móvete que está a desenvolver o IES Leixa, os estudantes dos grupos A e B do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría desenvolveron a exposición ExpoAzucre na que a través de mesas informativas, pósters, trípticos, dípticos, presentacións multimedia, xogos interactivos, rotulación, mostrario gráfico e unha cata de alimentos saudables baixos en azucre, facilitaron información a 230 estudantes do IES Leixa dos grupos de formación profersional básica, bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, sobre o consumo de azucre.
Durante a exposición, que se celebrou na sala de actividades entre as 09.00 e as 14.00 horas do día 27 de xaneiro, se fixo unha enquisa de saúde que posteriormente se analizou e cuxos resultados ofrécense nesta publcación.