martes, 25 de noviembre de 2014

Guía Básica de Validacións

Xa está dispoñible a nosa Guía Básica de Validacións. O asunto comeza a complicarse moito así que decidimos "personalizala" incluíndo as principais validacións das familias profesionais que temos no instituto.
De todas formas detectamos algún erro que xa comunicamos ao Ministerio de Educación polo que pronto publicarase no BOE unha corrección de erros.
Nesta Orde di que os estudantes que fixeron o módulo de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente no ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría validan o módulo de Promoción da Saúde no ciclo de Farmacia e Parafarmacia (ademais este módulo vén cun código erróneo). Postos en contacto co Ministerio confirman que é un erro. Para validar o módulo de Promoción da Saúde en Farmacia e Parafarmacia hai que ter aprobados dous módulos: o de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente e o de Técnicas Básicas de enfermaría.


No hay comentarios:

Publicar un comentario