miércoles, 23 de julio de 2014

¿Solucións á conexión a internet do instituto?

Parece que se abre unha porta.

Xestión de redes informou ao instituto que a compaña R tiña previsto efectuar o canleado de fibra óptica ao instituto no mes de agosto ou principios de setembro.

Se é así, comezaremos o curso cunha mellora substancial da velocidade de conexión a internet e poderemos esquecer a nosa actual conexión por radiofrecuencia que, no mellor dos casos, dános velocidades de 20 Mb. Aínda que en principio podería parecer suficiente, un instituto que ten case 300 ordenadores precisa velocidades moito máis altas. En canto se conectan un par de aulas de informática (60 ordenadores), a velocidade dispoñible baixa a 3 ou 4 Mb e faise imposible a navegación.

As nosas actuais aspiracións de utilización da aula virtual ou de recursos de rede están tremendamente limitadas, pero este anuncio de canleado dános esperanzas e abre as portas á utilización de recursos que agora son impensables.

En canto saibamos algo máis daremos conta das novidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario