miércoles, 23 de julio de 2014

A xustificación de faltas no IES Leixa

No curso 2013-2014 se deron varias circunstancias que abriron un debate sobre a execu´ción da perda do dereito á avaliación continua, sobre todo naqueles estudantes de ciclos que están a traballar e compaxinan o traballo cos estudos, moi frecuente noc aso do réxime de adultos.

Así que se decidiu abordar cambios no noso regulamento de réxime interior (agora chamado normas de organización e funcionamento) e se fixo unha proposta a Claustro e Consello Escolar, quedando como segue:

12. FALTAS DO ALUMNADO

1. Control de asistencia: Ningún alumno/a pode ser relegado do seu dereito de asistencia a clase agás nos casos contemplados nas Normas de Convivencia do centro. Se un alumno/a chega tarde a unha clase deberá ser admitido/a, facendo constar o profesor/a dita falta de puntualidade que, en todo caso, debe ser xustificada.

O control de asistencia será feito polos/as docentes correspondentes, contando para iso cun libro docente no que farán constar as faltas de asistencia e/ou puntualidade dos/as estudantes.

Cada un/ha dos docentes debe introducir as faltas de asistencia dos/as estudantes na aplicación XADE debendo actualizar as de cada mes nos primeiros cinco días do seguinte mes. O titor/a é o responsable de comunicar as faltas aos pais/nais/titores/as dos/as estudantes polo menos unha vez ao mes.

2. Xustificación: Todos os/as estudantes teñen a obriga de xustificar as súas faltas de asistencia e puntualidade.

A xustificación poden facerse polos seguintes motivos:

  • Nacemento dun fillo/a: No caso da nai, xustificarase a ausencia ata un mes a partir do día de nacemento, debendo os/as docentes establecer cantas medidas de reforzo se consideren oportunas para o correcto seguimento da formación da estudante. Cando a ausencia supere este mes, a estudante debe valorar a posibilidade de renuncia xa que se podería aplicar a baixa de oficio. No caso do pai, a ausencia non poderá superior aos 5 días lectivos.
  • Morte ou enfermidade grave de familiar de 1º ou 2º grao: Acompañarase copia de informe médico de ingreso, ou semellante, no caso de enfermidade, ou documento acreditativo do falecemento. A ausencia por estes motivos non pode ser superior a cinco días lectivos.
  • Enfermidade: Debe xustificarse cun parte de asistencia a consulta médica ou cun informe asinado polo pai, nai ou titor/a do estudante, en caso de menores de idade. En ningún caso se pode esixir ao/á estudante a presentación dun certificado médico oficial para xustificar unha falta de asistencia por enfermidade. Cando as ausencias por enfermidade sexan reiteradas ou se produza un ingreso hospitalario por máis de 15 días e ata un mes, os/as docentes valorarán a necesidade de poñer actividades de reforzo para o correcto seguimento da formación do estudante. Os ingresos hospitalarios por máis de un mes deberán ser valorados polo equipo docente aos efectos de recomendar unha renuncia ou aplicar a baixa de oficio, para o que se deberán ter en conta a patoloxía, a marcha do/a estudante e as posibilidades de recuperación formativa.
  • Exames de conducir, oposicións, etc: Débese traer un xustificante de presentación ao exame. Só será xustificable a ausencia do día do exame ou proba.
  • Asunto oficial, como convocatoria de autoridades (incluída a renovación ou tramitación do DNI), mesas electorais, INEM, etc: Debe acompañarse documento oficial acreditativo.
  • Cursos de formación complementaria de obrigada asistencia(1): Presentación do documento de admisión que incluirá os días e horas en que ten lugar o curso.
    • En ningún caso admitirase xustificación por cursos de formación complementaria de obrigada asistencia nos estudos de bacharelato.
    • Na formación profesional, a ausencia por asistencia a cursos de formación complementaria de obrigada asistencia non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.
    • O número máximo de faltas que se poden xustificar por asistencia a cursos de formación complementaria para cada un dos módulos será do 5 % das horas totais dese módulo. Superado este 5 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da perda do dereito á avaliación continua.
  • Actividades laborais(1): Dadas as características do réxime presencial e como norma non se aceptarán como xustificación de ausencia a clase motivos laborais. Non obstante, naqueles casos en que exista un contrato laboral e as ausencias do alumnado sexa parcial (a algunhas clases á semana), teranse en conta as seguintes consideracións na xustificación destas ausencias por motivos laborais:
    • En ningún caso admitirase xustificación por situacións laborais nos estudos de bacharelato.
    • Na formación profesional, a ausencia por motivos laborais non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.
    • O número máximo de faltas que se poden xustificar por motivos laborais para cada un dos módulos será do 10 % das horas totais dese módulo. Superado este 10 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da perda do dereito á avaliación continua.

A xustificación de faltas debe facerse no modelo x002 que se recollerá polos alumnos/as en conserxería ou a través da páxina web do instituto, dispoñendo dun prazo máximo de 2 días para presentalo logo da incorporación ás clases.

Para xustificar as faltas o alumno/a presentaralle a cada un dos profesores/as aos que se faltou o modelo x002 citado anteriormente xunto cos documentos acreditativos, se fose o caso. Finalmente deberá entregarllo ao titor/a para o seu arquivo.

Cando un alumno/a teña previsto faltar ás clases por un período de tempo superior a 3 días debe comunicalo, preferiblemente por teléfono, ao seu titor/a ou, no caso de non estar presente o titor/a, á dirección.

O seguimento e xustificación das faltas dos alumnos/as será feito polo profesor/a que a puxo.

(1) Aos efectos de xustificación de faltas, considérase incompatible a inasistencia simultánea ou non por cursos de formación e actividades laborais.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario