lunes, 15 de septiembre de 2014

Guías e horarios provisionais do curso 2014-2015

O día 15 de setembro, coincidindo co inicio do curso, publicáronse na web as guías e os horarios do curso 2014-2015.

Dende a web do instituto pódese acceder ás seguintes guías:

  • Estudantes de bacharelato
  • Estudantes de formación profesional
  • Nais e pais
  • Titores e titoras
  • Docentes

Ademais, publicáronse os horarios provisionais do curso 2014-2015. Estes horarios manteranse durante a semana do 15 ao 19 de setembro para comprobar que non hai erros na asignación de materias, docentes e aulas. O venres día 19 de setembro publicaranse os horarios definitivos que entrarán en vigor o día 22 de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario