lunes, 15 de diciembre de 2014
Charla de Amnistía Internacional
Calendario de avaliacións do curso 2014-2015
Calendario de avaliacións de formación profesional:
jueves, 27 de noviembre de 2014
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Debemos educar e aprender a vivir e convivir en paz, sen violencia, respectando ao outro como queremos que nos respecten a nós.
Os estudantes do ciclo superior de Deseño e produción editorial prepararon este ano unha exposición tomando como referencia as novas formas de violencia a través dos dispositivos móbiles. Mensaxes, control, humillación, ... o desenvolvemento das novas tecnoloxías trae consigo progreso, pero tamén novas formas de violencia.
martes, 25 de noviembre de 2014
Guía Básica de Validacións
De todas formas detectamos algún erro que xa comunicamos ao Ministerio de Educación polo que pronto publicarase no BOE unha corrección de erros.
Nesta Orde di que os estudantes que fixeron o módulo de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente no ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría validan o módulo de Promoción da Saúde no ciclo de Farmacia e Parafarmacia (ademais este módulo vén cun código erróneo). Postos en contacto co Ministerio confirman que é un erro. Para validar o módulo de Promoción da Saúde en Farmacia e Parafarmacia hai que ter aprobados dous módulos: o de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao doente e o de Técnicas Básicas de enfermaría.
lunes, 24 de noviembre de 2014
Nova Orde de validacións
viernes, 14 de noviembre de 2014
Sobre o uso de teléfonos móbiles nos institutos
Concretamente, el artículo 11 de la Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa es suficientemente claro al respecto:
Artigo 11. Condición de autoridade pública do profesorado.
1. No exercicio das funcións directivas e organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, o profesorado ten a condición de autoridade pública e goza da protección recoñecida a tal condición polo ordenamento xurídico.
2. No exercicio das funcións de corrección disciplinaria, os feitos constatados polo profesorado e que se formalicen por escrito en documento que conte cos requisitos establecidos regulamentariamente teñen presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa poida sinalar ou achegar o alumnado ou os seus representantes legais cando sexa menor de idade.
3. O profesorado está facultado para requirir ao alumnado, dentro do recinto escolar e tamén durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, a entrega de calquera obxecto, substancia ou produto que porte e que estea expresamente prohibido polas normas do centro, resulte perigoso para a súa saúde ou integridade persoal ou a dos demais membros da comunidade educativa ou poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares.
O requirimento previsto neste punto obriga a alumna ou alumno requirido á inmediata entrega do obxecto, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de 18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das correccións disciplinarias que poidan corresponder.
Además, el punto j) del artículo 15, que tipifica las conductas gravemente perjudiciales para la convivencia, considera conducta grave:
j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa. En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou a negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto terceiro do artigo 11 desta lei cando se é requirido para iso polo profesorado.
Polo tanto, non hai ningunha dúbida ao respecto; os docentes poden, dentro do exercicio das súas funcións, requirir aos estudantes a entrega dos seus móbiles, considerándose falta grave a negativa de entrega dos mesmos.
Pero todo isto precisa algunha consideración.
O prohibición do uso de móbiles durante as actividades lectivas ten unha xustificación no uso inadecuado dos mesmos cando se utilizan perturbando as clases, para facer fotos ou grabacións ou en calquera outra situación que supoña unha distracción do estudante, ademais de supor unha falta de respecto e de cumprimento das normas.
Cando se asume que o uso do móbil non debe perturbar, molestar ou distraer, o móbil pode ser un instrumento máis de uso pedagóxico e se poden aproveitar as súas potencialidades metodolóxicas (acceso a redes virtuais, consulta de fontes, uso de aplicacións específicas, ...) que resultan ser positivas. Por todo isto, máis que prohibir, o centro debe asumir no seu labor educativo a concienciación do uso racional e adecuado destes dispositivos.
lunes, 10 de noviembre de 2014
EduEmprende 2014
Os departamentos de Formación e orientación laboral e Economía desenvolverán un proxecto dentro do programa de innovación educativa EduEmprende Actúa 2014-2015 baixo o título "A actividade emprendedora como chave do teu futuro" que se desenvolverá entre o 04.11.2014 e o 20.03.2015.
O día 18 de novembro desenvolverase unha actividade onde un técnico do IGAPE e un exalumno do instituto que montou unha empresa, darán aos estudantes de 2º de bacharelato e de 2º de ciclos a súa visión da situación do emprendemento como vía de acceso ao mundo laboral.
Este programa ten como obxectivo principal a visualización entre o alumnado do emprendemento como unha opción clara de empregabilidade.
Os antecedentes no IES Leixa témolos na celebración no curso 2013-2014 do CULTIFOL, unha Xornada Cultural organizada polo departamento de Formación e orientación laboral onde se deron os primeiros pasos para a introdución da cultura do emprendemento.
GaliciaSkills 2014
O día 7 de novembro celebrouse en Santiago o acto de entrega de premios do 3º Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills no que participaron estudantes do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial do IES Leixa na modalidade de Deseño Gráfico:
- David Barreira Vázquez, medalla de ouro
- Natalia Codesido Rey, medalla de prata.
Imaxe propiedade da CCEOU obtida da web www.edu.xunta.es
Gañadores en GaliciaSkills 2014 -
Gañadores nas distintas competicións do Galiciaskills 2014: alumnado, profesorado titor e centro educativo.
40 Deseño gráfico
- Ouro: David Barreira Vázquez, do IES Leixa.
Titor: José Antonio López Suárez. - Prata: Natalia Codesido rey, do IES Leixa.
Titor: José Antonio López Suárez.
10 Soldadura
- Ouro: Ignacio Bárbara Pena, do CIFP Someso.
Titor: Víctor M. Varela Mariño. - Prata: Javier Paz Santamaría, do IES Marco de Camballón.
Titor: José Manuel Ares Sánchez.
13 Reparación de carrozarías de vehículos
- Ouro: Edgar Veres Couto, do IES As Mariñas.
Titor: Francisco Cal Ansede. - Prata: Angel Balado Tarrio, do CIFP Politécnico Santiago.
Titor: Fernando Suárez Sandomingo.
19 Control industrial
- Ouro: Miguel García López, do I.E.S Fermín Bouza Brey.
Titora: Mª Elena Ferreira Lence. - Prata: Alvaro Parga González, do IES Urbano Lugrís.
Titor: José Luis Mariño Ruibal.
24 Ebanistaría
- Ouro: Juan Pablo Bellón Villar, do IES Ortigueira.
Titor: Luis Manuel Beceiro Rodríguez. - Prata: Bruno Cortés Vidal, do CIFP A Xunqueira.
Titor: Isidoro Dios Rodiño.
25 Carpintaría
- Ouro: Lidia Doce Ríos, do IES Ortigueira.
Titor: Luis Manuel Beceiro Rodríguez. - Prata: Ramón Moreira Temprana, do CIFP Politécnico Santiago.
Titor: Juan Carlos Pascual Quián.
29 Peiteado
- Ouro: Andrea Rodríguez Díez, do IES Teis.
Titora: Mercedes Pose Recarey. - Prata: Tatiana Sequeiros Souto, do IES Frei Martín Sarmiento.
Titora: Esperanza Montans García.
31 Tecnoloxía da moda
- Ouro: Eva María Mantiñán Cadaveira, do CIFP Paseo das Pontes.
Titora: Mª José Ramallal Mosquera. - Prata: Sara Muiños Calvo, do CIFP Manuel Antonio.
Titora: Mª Soledad Seoane Sobrino.
32 Pastelaría
- Ouro: Francisco Jesús García Piñeiro, do CIFP Compostela.
Titor: Julio Rodríguez Bustelo. - Prata: Victoria Suárez Bello, do CIFP Carlos Oroza.
Titor: Jorge Sánchez Verdeal.
33 Tecnoloxía do automóbil
- Ouro: Adrián Rico Casal, do IES Mariñas .
Titor: Manuel Fuentes Rebón. - Prata: Cristian Álvarez Liste, do CIFP Politécnico Santiago.
Titor: Manuel Pedreira Ferreño.
34 Cociña
- Ouro: Victor José Reza Sánchez, do IES de Vilamarín.
Titora: Mónica Cernadas Carrera. - Prata: Nuria Limeres Trigo, do CIFP Carlos Oroza.
Titor: Jorge Sánchez Verdeal.
35 Servizo de restaurante e bar
- Ouro: Gabriel Vilar Longarela, do CIFP Compostela.
Titor: Manuel López Brea. - Prata: Ana Rodríguez Basteiro, do CIFP Carlos Oroza.
Titor: José Manuel Rey Castro.
36 Pintura de vehículos
- Ouro: Pablo Lata Mosquera , do CIFP Ferrolterra.
Titor: José Manuel Pérez Lodeiro. - Prata: Santiago Vidal Filgueira, do IES As Mariñas.
Titor: José Manuel Pico Rodriguez.
39 Administración de sistemas en rede
- Ouro: Alejandro Miño Pico, do CIFP Rodolfo Ucha Pirñeiro.
Titor: Victor Manuel Martínez Taboada. - Prata: David Prieto López, do IES A Pinguela.
Titor: Javier Rodríguez Lorenzo.
domingo, 5 de octubre de 2014
Novos títulos LOE de ciclos superiores de Sanidade
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou no BOE do día 4 de outubro de 2014 os títulos de seis novos ciclos superiores da familia de Sanidade:
Real Decreto 767/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Anatomía Patológica y Citodiagnóstico y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
Real Decreto 768/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Documentación y Administración Sanitarias y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
Real Decreto 769/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Higiene Bucodental y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
Real Decreto 770/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Imagen para el Diagnóstico y Medicina Nuclear y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
Real Decreto 771/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Laboratorio Clínico y Biomédico y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
Real Decreto 772/2014, de 12 de septiembre, por el que se establece el título de Técnico Superior en Radioterapia y Dosimetría y se fijan sus enseñanzas mínimas (BOE de 04.10.2014).
lunes, 15 de septiembre de 2014
Guías e horarios provisionais do curso 2014-2015
O día 15 de setembro, coincidindo co inicio do curso, publicáronse na web as guías e os horarios do curso 2014-2015.
Dende a web do instituto pódese acceder ás seguintes guías:
- Estudantes de bacharelato
- Estudantes de formación profesional
- Nais e pais
- Titores e titoras
- Docentes
Ademais, publicáronse os horarios provisionais do curso 2014-2015. Estes horarios manteranse durante a semana do 15 ao 19 de setembro para comprobar que non hai erros na asignación de materias, docentes e aulas. O venres día 19 de setembro publicaranse os horarios definitivos que entrarán en vigor o día 22 de setembro.
martes, 9 de septiembre de 2014
Comezo do curso 2014-2015
- Día 15 de setembro:
- Ás 10.00 horas no salón de actos: 1º curso de bacharelato.
- As 11.00 horas no salón de actos: 2º curso de bacharelato.
- Ás 12.00 horas no salón de actos: 1º e 2º de Deseño e Produción Editorial.
- Ás 13.00 horas no salón de actos: 1º e 2º dos ciclos de Laboratorio de Diagnóstico Clínico e de Dietética.
- Ás 16.00 horas no salón de actos: Ciclos medios de Sanidade da modalidade de adultos: Emerxencias Sanitarias.
- Día 16 de setembro:
- Ás 10.00 horas no salón de actos: Ciclos medios de Artes Gráficas, 1º e 2º de Preimpresión dixital e 1º e 2º (recuperacións) de Impresión.
- Ás 11.00 horas no salón de actos: Ciclos medios de Sanidade, 1º e 2º (recuperacións) de Coidados Auxiliares de Enfermaría e 1º e 2º de Farmacia e Parafarmacia.
- Ás 12.00 horas no salón de actos: Ciclos medios de Servizos Socioculturais e á Comunidade, 1º e 2º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
domingo, 7 de septiembre de 2014
Estado da matrícula tras a 1ª adxudicación extraordinaria
Código | Ciclo | Prazas | Matriculados | Vacantes |
CMARG02 | Preimpresión dixital | 25 | 19 | 6 |
CMSSC01 | Atención a persoas en situación de dependencia | 28 | 24 | 4 |
CM05002 | Impresión en artes gráficas | 25 | 21 | 4 |
CM19001 | Coidados auxiliares de enfermaría | 51 | 48 | 3 |
CMSAN02 | Farmacia e parafarmacia | 22 | 22 | 0 |
Código | Ciclo | Prazas | Matriculados | Vacantes |
CS05001 | Deseño e produción editorial | 24 | 22 | 2 |
CS19003 | Dietética | 22 | 21 | 1 |
CS19007 | Laboratorio de diagnóstico clínico | 25 | 25 | 0 |
Ciclo | Módulo | Prazas | Matriculados |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0063 - Empresa e iniciativa emprendedora | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0053 - Loxística sanitaria en emerxencias | 22 | 17 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0061 - Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 22 | 18 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0057 - Evacuación e traslado de pacientes | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0055 - Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0062 - Formación e orientación laboral | 22 | 22 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0052 - Mantemento mecánico preventivo do vehículo | 22 | 22 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0054 - Dotación sanitaria | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0056 - Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia | 22 | 22 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0058 - Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0059 - Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0060 - Teleemerxencias | 22 | 15 |
jueves, 14 de agosto de 2014
Registro de profesionales sanitarios
El BOE del 14.08.2014 publica el Real decreto 640/2014, de 25 de julio, por el que se regula el Registro Estatal de Profesionales Sanitarios. Este Real decreto desarrolla la Ley 44/2003, de 21 de noviembre, de ordenación de las profesiones sanitarias y lo hace con dos objetivos:
- Facilitar la adecuada planificación de las necesidades de profesionales sanitarios del Estado.
- Coordinar las políticas de recursos humanos en el ámbito del Sistema Nacional de Salud.
El artículo 4 especifica qué profesionales se deben incluir en este registro:
- Los profesionales sanitarios con título universitario de la rama de ciencias de la salud o con título de especialista en ciencias de la salud, a que se refiere la Ley 44/2003, de 21 de noviembre.
- Los profesionales del área sanitaria de formación profesional a que se refiere la Ley 44/2003, de 21 de noviembre.
- Los profesionales sanitarios a que se refiere la disposición adicional séptima de la Ley 33/2011, de 4 de octubre, General de Salud Pública.
viernes, 8 de agosto de 2014
Google Classroom (correo enviado por Google)
Estimado administrador de Google Apps for Education:
Nos ha llegado alto y claro el mensaje de que los centros educativos necesitan acceder a Classroom antes del mes de septiembre. Hoy nos complace anunciar que Classroom estará a disposición de todos los profesores y alumnos de tu dominio la semana del 11 de agosto de 2014. Esto significa que cualquier profesor del dominio podrá crear o apuntarse a una clase, invitar a alumnos y publicar tareas.
Classroom es un nuevo servicio regulado por el acuerdo de Google Apps for Education; se puede habilitar o inhabilitar desde la Consola de administración, tanto para el dominio completo como para determinadas unidades organizativas. Para comenzar a utilizarlo, los usuarios pueden visitar classroom.google.com, indicar si son profesores o alumnos y, a continuación, crear o apuntarse a su primera clase. Actualizaremos el Centro de ayuda de Classroom con artículos adicionales, incluido el tema que trata sobre cómo verificar a los profesores. También hemos puesto en marcha recientemente el foro del producto Classroom, un recurso donde podrás encontrar respuesta a tus dudas.
Durante el curso escolar seguiremos innovando y añadiendo nuevas funciones, por lo que te animamos a que utilices el botón Enviar sugerencias para enviar comentarios tanto sobre lo que te gusta como sobre las áreas que debemos mejorar.
Atentamente,
El equipo de Classroom
© 2014 Google Inc. 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, CA 94043
Has recibido este aviso de servicio obligatorio por correo electrónico para informarte sobre los cambios importantes que aplicaremos en tu cuenta o producto de Google Apps.
Cambios importantes nas comunicacións
Unha mágoa que a Xunta non tivese informado aos centros sobre un plan que disque xa levan tempo estudando, porque moitos centros, coma o noso, fixo inversións en telecomunicacións que agora non serven. No noso caso, compramos unha centraliña dixital nova e cambiamos todos os teléfonos, e agora vanse cambiar por tecnoloxía VoIP, o que supón substituír a centraliña, instalar un novo gateway e novos teléfonos todo con tecnoloxía IP.
Isto vai supoñer sen dúbida unha mellora nas telecomunicacións con optimización dos recursos, acceso a funcionalidades avanzadas e un abaratamento dos custes.
É de esperar que nun lapso de tempo moi breve R, a compañía adxudicataria, achegue ao instituto o canleado de fibra óptica porque sen el nada disto ten sentido.
Estamos á espera de que alguén nos diga algo máis porque nos come a impaciencia…
Por certo, que o técnico que nos visitou dixo que tiña visto moitos centros de toda Galicia e que nós temos se non a mellor, unha das mellores instalacións de comunicacións internas de todas as que viu.
martes, 5 de agosto de 2014
Destinos provisionais
jueves, 31 de julio de 2014
Estado da matrícula tras a 2ª adxudicación ordinaria
Inclúense as vacantes que quedan para setembro no réxime ordinario.
Código | Ciclo | Prazas | Matriculados | Vacantes |
CMARG02 | Preimpresión dixital | 25 | 19 | 6 |
CMSSC01 | Atención a persoas en situación de dependencia | 28 | 24 | 4 |
CM05002 | Impresión en artes gráficas | 25 | 21 | 4 |
CM19001 | Coidados auxiliares de enfermaría | 51 | 48 | 3 |
CMSAN02 | Farmacia e parafarmacia | 22 | 22 | 0 |
Código | Ciclo | Prazas | Matriculados | Vacantes |
CS05001 | Deseño e produción editorial | 24 | 21 | 3 |
CS19003 | Dietética | 22 | 21 | 1 |
CS19007 | Laboratorio de diagnóstico clínico | 25 | 24 (*) | 1 |
Ciclo | Módulo | Prazas | Matriculados |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0063 - Empresa e iniciativa emprendedora | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0053 - Loxística sanitaria en emerxencias | 22 | 17 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0061 - Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 22 | 17 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0057 - Evacuación e traslado de pacientes | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0055 - Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0062 - Formación e orientación laboral | 22 | 22 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0052 - Mantemento mecánico preventivo do vehículo | 22 | 22 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0054 - Dotación sanitaria | 22 | 17 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0056 - Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia | 22 | 21 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0058 - Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0059 - Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles | 22 | 20 |
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias | MP0060 - Teleemerxencias | 22 | 15 |
Obras de mellora durante o verán de 2014
Obrigados pola incorporación de novos ciclos LOE é necesario facer algunhas modificacións nas aulas, talleres e laboratorios para mellorar as dotacións e adaptar estes espazos aos requirimentos das novas ensinanzas. Entre as principais obras de adaptación que se veñen facendo durante o mes de xullo e continuarán nos meses de agosto e setembro, destacamos as seguintes:
- Mellora da aula de Montaxe. Neste caso vimos necesario mellorar esta aula para adaptala tanto ao ciclo de Preimpresión dixital como ao ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas.
- Mellora no taller de Tintas Líquidas, un dos talleres máis deficitarios do instituto e que precisaba unha ampla remodelación.
- Mellora da aula de Atención Domiciliaria. Se no curso 2013-2014 se fixeron pequenas adaptacións para o ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, durante o mes de agosto mellorarase esta aula construíndo un pequeno apartamento con habitación e servizo adaptado ademais doutras melloras.
Todas estas obras se fan con cargo aos orzamentos do propio centro e contando coa colaboración tanto do profesorado como do persoal non docente, que estiveron durante o mes de xullo traballando nas aulas, colocando mobles, instalando regletas, modificando a instalación eléctrica, ...
miércoles, 30 de julio de 2014
Google Apps for Education
Ao longo do curso 2014-2015, e utilizando o dominio propio iesleixa.es, os docentes do IES Leixa poderán utilizar moitas das Apps de Google como Calendar, Drive, Blogger, Docs e moitas outras de xeito compartido. Poderán crear usuarios/as para os estudantes, crear grupos, compartir información, ... e coa incorporación da nova aplicación ClassRoom poderanse facer aulas virtuais.
martes, 29 de julio de 2014
Formación profesional básica
Proximamente informarase dos prazos de admisión así como do desenvolvemento do ciclo.
Listaxes da 2ª adxudicación ordinaria de acceso a ciclos
Publicadas as listaxes da segunda adxudicación ordinaria de acceso a ciclos:
- Adxudicación de ciclos medios
- Adxudicación de ciclos superiores
- Adxudicación de Emerxencias sanitarias (réxime de adultos).
As persoas admitidas deben matricularse antes das 13.00 horas do día 31 de xullo ou perderán a praza adxudicada.
sábado, 26 de julio de 2014
La Voz de Galicia rastrea as webs e redes sociais de centros educativos para publicar novas.
A ver se cunde e somos máis asiduos en La Voz de Galicia.
viernes, 25 de julio de 2014
Programa CUALE
Tras a experiencia do curso 2013-2014 no que o IES Leixa desenvolveu un programa CUALE de inglés, para o curso 2014-2015 solicitouse, ademais deste, un programa CUALE de Francés. A resolución provisional autoriza o desenvolvemento de ambos os dous programas.
Máis información sobre os programas CUALE na Web do IES Leixa e na web de Linguas Estranxeiras da CCEOU.
Estado da matrícula tras a 1ª adxudicación ordinaria
Código
|
Ciclo
|
Prazas
|
Matriculados
|
Repetidores
|
CMARG02
|
Preimpresión dixital
|
25
|
15
|
2
|
CMSSC01
|
Atención a persoas en situación de dependencia
|
28
|
21
|
3
|
CM05002
|
Impresión en artes gráficas
|
25
|
21
|
3
|
CM19001
|
Coidados auxiliares de enfermaría
|
51
|
43
|
1
|
CMSAN02
|
Farmacia e parafarmacia
|
22
|
19
|
0
|
Código
|
Ciclo
|
Prazas
|
Matriculados
|
Repetidores
|
CS05001
|
Deseño e produción editorial
|
24
|
14
|
2
|
CS19003
|
Dietética
|
22
|
18
|
0
|
CS19007
|
Laboratorio de diagnóstico clínico
|
25
|
20
|
3
|
Ciclo
|
Módulo
|
Prazas
|
Matriculados
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0063 - Empresa e iniciativa emprendedora
|
22
|
21
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0053 - Loxística sanitaria en emerxencias
|
22
|
16
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0061 - Anatomofisioloxía e patoloxía básicas
|
22
|
14
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0057 - Evacuación e traslado de pacientes
|
22
|
19
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0055 - Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia
|
22
|
18
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0062 - Formación e orientación laboral
|
22
|
16
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0052 - Mantemento mecánico preventivo do vehículo
|
22
|
20
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0054 - Dotación sanitaria
|
22
|
15
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0056 - Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia
|
22
|
20
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0058 - Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia
|
22
|
18
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0059 - Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles
|
22
|
18
|
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
|
MP0060 - Teleemerxencias
|
22
|
10
|
miércoles, 23 de julio de 2014
¿Solucións á conexión a internet do instituto?
Parece que se abre unha porta.
Xestión de redes informou ao instituto que a compaña R tiña previsto efectuar o canleado de fibra óptica ao instituto no mes de agosto ou principios de setembro.
Se é así, comezaremos o curso cunha mellora substancial da velocidade de conexión a internet e poderemos esquecer a nosa actual conexión por radiofrecuencia que, no mellor dos casos, dános velocidades de 20 Mb. Aínda que en principio podería parecer suficiente, un instituto que ten case 300 ordenadores precisa velocidades moito máis altas. En canto se conectan un par de aulas de informática (60 ordenadores), a velocidade dispoñible baixa a 3 ou 4 Mb e faise imposible a navegación.
As nosas actuais aspiracións de utilización da aula virtual ou de recursos de rede están tremendamente limitadas, pero este anuncio de canleado dános esperanzas e abre as portas á utilización de recursos que agora son impensables.
En canto saibamos algo máis daremos conta das novidades.
A xustificación de faltas no IES Leixa
No curso 2013-2014 se deron varias circunstancias que abriron un debate sobre a execu´ción da perda do dereito á avaliación continua, sobre todo naqueles estudantes de ciclos que están a traballar e compaxinan o traballo cos estudos, moi frecuente noc aso do réxime de adultos.
Así que se decidiu abordar cambios no noso regulamento de réxime interior (agora chamado normas de organización e funcionamento) e se fixo unha proposta a Claustro e Consello Escolar, quedando como segue:
12. FALTAS DO ALUMNADO |
1. Control de asistencia: Ningún alumno/a pode ser relegado do seu dereito de asistencia a clase agás nos casos contemplados nas Normas de Convivencia do centro. Se un alumno/a chega tarde a unha clase deberá ser admitido/a, facendo constar o profesor/a dita falta de puntualidade que, en todo caso, debe ser xustificada. O control de asistencia será feito polos/as docentes correspondentes, contando para iso cun libro docente no que farán constar as faltas de asistencia e/ou puntualidade dos/as estudantes. Cada un/ha dos docentes debe introducir as faltas de asistencia dos/as estudantes na aplicación XADE debendo actualizar as de cada mes nos primeiros cinco días do seguinte mes. O titor/a é o responsable de comunicar as faltas aos pais/nais/titores/as dos/as estudantes polo menos unha vez ao mes. |
2. Xustificación: Todos os/as estudantes teñen a obriga de xustificar as súas faltas de asistencia e puntualidade. A xustificación poden facerse polos seguintes motivos:
A xustificación de faltas debe facerse no modelo x002 que se recollerá polos alumnos/as en conserxería ou a través da páxina web do instituto, dispoñendo dun prazo máximo de 2 días para presentalo logo da incorporación ás clases. Para xustificar as faltas o alumno/a presentaralle a cada un dos profesores/as aos que se faltou o modelo x002 citado anteriormente xunto cos documentos acreditativos, se fose o caso. Finalmente deberá entregarllo ao titor/a para o seu arquivo. Cando un alumno/a teña previsto faltar ás clases por un período de tempo superior a 3 días debe comunicalo, preferiblemente por teléfono, ao seu titor/a ou, no caso de non estar presente o titor/a, á dirección. O seguimento e xustificación das faltas dos alumnos/as será feito polo profesor/a que a puxo. (1) Aos efectos de xustificación de faltas, considérase incompatible a inasistencia simultánea ou non por cursos de formación e actividades laborais. |
A aplicación da LOMCE e a FPB
Galicia é unha das Comunidades Autónomas que decidiu seguir os ditados do goberno central e aplicará o calendario da LOMCE.
Iso supón que para o curso 2014-2015, que xa se puxo en marcha en canto a admisión de estudantes, verá o nacemento na nosa Comunidade da formación profesional básica (FPB) en sustitución dos antigos programas de cualificación profesional inicial.
Pero a estas alturas aínda non se regularon. O goberno galego está tratando de deseñar a FPB con presas e as presas non son boas conselleiras. Poñer en marcha uns estudos que tratan de “recuperar” para o sistema educativo e formativo aos estudantes que non foron quen de rematar a ESO merece facelo con xeito e iso é incompatible coas presas.
Os centros educativos estamos a velas vir. Non sabemos como se vai facer nin os prazos de admisión e matrícula; non sabemos se se van axustar as plantillas de docentes; non sabemos como preparar os espazos; non sabemos se imos ter dotacións…
Continuamente estamos a recibir chamadas pedindo información. Nais e pais desesperados que non saben que facer cos seus fillos e fillas chaman e non lles podemos dicir nada, porque non sabemos nada.
Así que toca esperar. Mirar todos os días o Diario Oficial de Galicia para ver se se publica o Decreto que regula a FPB.