Hoxe achegouse ao instituto un técnico de Xestión de Redes para facer un estudo da situación das telecomunicacións no IES Leixa. Segundo nos comentou, a Xunta vén de sacar a concurso a instalación e xestión global das telecomunicacións dos centros educativos e trátase de saber cómo estamos para ver os cambios que hai que facer.
Unha mágoa que a Xunta non tivese informado aos centros sobre un plan que disque xa levan tempo estudando, porque moitos centros, coma o noso, fixo inversións en telecomunicacións que agora non serven. No noso caso, compramos unha centraliña dixital nova e cambiamos todos os teléfonos, e agora vanse cambiar por tecnoloxía VoIP, o que supón substituír a centraliña, instalar un novo gateway e novos teléfonos todo con tecnoloxía IP.
Isto vai supoñer sen dúbida unha mellora nas telecomunicacións con optimización dos recursos, acceso a funcionalidades avanzadas e un abaratamento dos custes.
É de esperar que nun lapso de tempo moi breve R, a compañía adxudicataria, achegue ao instituto o canleado de fibra óptica porque sen el nada disto ten sentido.
Estamos á espera de que alguén nos diga algo máis porque nos come a impaciencia…
Por certo, que o técnico que nos visitou dixo que tiña visto moitos centros de toda Galicia e que nós temos se non a mellor, unha das mellores instalacións de comunicacións internas de todas as que viu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario