Obrigados pola incorporación de novos ciclos LOE é necesario facer algunhas modificacións nas aulas, talleres e laboratorios para mellorar as dotacións e adaptar estes espazos aos requirimentos das novas ensinanzas. Entre as principais obras de adaptación que se veñen facendo durante o mes de xullo e continuarán nos meses de agosto e setembro, destacamos as seguintes:
- Mellora da aula de Montaxe. Neste caso vimos necesario mellorar esta aula para adaptala tanto ao ciclo de Preimpresión dixital como ao ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas.
- Mellora no taller de Tintas Líquidas, un dos talleres máis deficitarios do instituto e que precisaba unha ampla remodelación.
- Mellora da aula de Atención Domiciliaria. Se no curso 2013-2014 se fixeron pequenas adaptacións para o ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, durante o mes de agosto mellorarase esta aula construíndo un pequeno apartamento con habitación e servizo adaptado ademais doutras melloras.
Todas estas obras se fan con cargo aos orzamentos do propio centro e contando coa colaboración tanto do profesorado como do persoal non docente, que estiveron durante o mes de xullo traballando nas aulas, colocando mobles, instalando regletas, modificando a instalación eléctrica, ...
Recórdase tamén que no mes de agosto está previsto que a compañía de telecomunicacións R achegue ao centro un cable de fibra óptica para dotar ao instituto de conexión a internet de alta velocidade en substitución da conexión de radiofrecuencia que temos nestes momentos e que tantos problemas está a producir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario