Hai cousas que non se poden pasar por alto, e o IES Leixa pon o seu grao de area para facer visible a violencia que cada día, en cada momento, se está a producir contra homes e mulleres no entorno das relacións sentimentais, sociais e familiares.
Debemos educar e aprender a vivir e convivir en paz, sen violencia, respectando ao outro como queremos que nos respecten a nós.
Os estudantes do ciclo superior de Deseño e produción editorial prepararon este ano unha exposición tomando como referencia as novas formas de violencia a través dos dispositivos móbiles. Mensaxes, control, humillación, ... o desenvolvemento das novas tecnoloxías trae consigo progreso, pero tamén novas formas de violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario