O día 15 de setembro, coincidindo co inicio do curso, publicáronse na web as guías e os horarios do curso 2014-2015.
Dende a web do instituto pódese acceder ás seguintes guías:
- Estudantes de bacharelato
- Estudantes de formación profesional
- Nais e pais
- Titores e titoras
- Docentes
Ademais, publicáronse os horarios provisionais do curso 2014-2015. Estes horarios manteranse durante a semana do 15 ao 19 de setembro para comprobar que non hai erros na asignación de materias, docentes e aulas. O venres día 19 de setembro publicaranse os horarios definitivos que entrarán en vigor o día 22 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario